Blogia
residentgirl

FUTURO INMEDIATO-dentro de 25 anos-

FUTURO INMEDIATO-dentro de 25 anos-

Dentro de 25 anos aproximadamente, espero que me toque a lotería ou ben que un multimillorario se enamore de min e me cumpla todolos  desexos. O meu soño e vivir sen traballar, non vivir de rentas; senon vivir pola cara, é dicir, vivir do meu marido.

Por suposto, espero non ter que preocuparme do diñeiro ata que morra. Un día normal para min sería levantarme ás once e media do mediodia e que un criado/a ,non fago distinción de xénero, me traia a roupa xunto co almorzo á cama para repoñer enerxías para un día moi laborioso recorrendo as tendas de luxo na gran cidade na que vivirei; Benidorm. 

Terei un chofer especializado en levarme todalas compras para que eu non sufra ningún tipo de percance.

Por outro lado, o bendito home que me aguante xa terá que estar entrado en anos, xa que a súa fortuna será inmensa non m verá moito xa que estará traballando día e noite. Mentras tanto, eu; unha xoven culta e multimillonaria por dereito vivirei de festa en festa e da casa á disfrutar de todolos cartos que ao meu querido home lle costa tanto ganar.

Espero non ter carencias de nada e gastar ser límite tanto coma se me antoxe e cando me antoxe co consentimento do meu home, por suposto.

Un desexo que lle pedirei por seguro será que me compre unha mansión tan grande coma tres campos de fútbol e un deportivo vermello e de viaxe de lua de mel gustaríame recorrer o mundo e o universo, non será por falta de cartos.

Espero que non moi tarde se me cumpla o meu soño tan anhelado...jeje

0 comentarios