O SUSPENSO NO ENSINO
O suspenso no ensino estaselle outorgando soamente aos alumnos porque din que cada vez son menos irrespetuosos cos profesores. Pode que sexa así pero non toda a culpa é deles, ou nosa. Ho xe en día coa ensinanza secundaria obligatoria moitos mozos/as van as clases por obligación non por interés propio. Normalmente, á clase vaise para aprender aquelo que nos vai servir no futuro pero todo depende de se nos queremos ou non. Por outro lado, que non queiramos;error fatal, no podemos ser irrespetuosos con aquelas persoas que intentan facer algo bo de nós e mellorar o noso futuro. Cando isto pasa, non soon os profesores os que teñen que castigar ou impor o respeto porque o respeto xa ten que vir dende casa, dende sempre. Os nosos pais son os que teñen que ensinarnos primeiro a respetar ó próximo. Tampouco quero botarlles a culpa de tódolos fracasos á educación previa ou materna pero ten moita importancia.En xeral todo conflúe, pero é necesario ter unha boa base para poderse sustentar.
0 comentarios