EL NON É UN ASASINO
Falamos de irresponsabilidade polas consecuencias deste suceso pero se ese mesmo día, non houbese pasado non se lle daría importancia.
Aínda que era o mozo o que conducía, e este era maior de idade, era responsabilidade da nai que levase o coche e encima a gran velocidade xa que era inexperto e carecía de carnet. Esta falta de sentido ou responsabilidade ceivouse con cinco víctimas inocentes e problavemente unha familia rota. Normalmente soemos actuar de maneira que non pensamos nas consecuencias, non só para nós senon para aqueles que non teñen nada que ver con nós e que lles podemos truncar a vida.
¿Que pasaría se un piloto de avión deixase ao seu fillo levar o aparato sen licencia?¿Eun conductor de autobús?... Non son casos diferentes, en todos morrerían victimas inocentes, sen nada que ver, por culpa dunha única irresponsabilidade,só nun intre pero de consecuencias desastrosas. Por outro lado, non só sufren os que morren, senon tamen os que quedan, quizais os que mais.Estes si se lles vai a vida día a día en ausencia dos seus seres queridos que sí eran responsables.
A responsabilidade cando só ten consecuencias para o propio individuo, podemos decir que ten alternativa pero cando hai en xogo outras vidas é necesario preocuparse porque non hay dereito a arrebatar vidas inocentes por culpa dunha falta de respeto.
0 comentarios