¿Y estos anuncios? Si te molesta, te dejamos quitarlo.

21/04/2006

EL NON É UN ASASINO

20060421095913-1122369333-extras-ladillos-1-0.jpg

Falamos de irresponsabilidade polas consecuencias deste suceso pero se ese mesmo día, non houbese pasado non se lle daría importancia.

Aínda que era o mozo o que conducía, e este era maior de idade, era responsabilidade da nai que levase o coche e encima a gran velocidade xa que era inexperto e carecía de carnet. Esta falta de sentido ou responsabilidade ceivouse con cinco víctimas inocentes e problavemente unha familia rota. Normalmente soemos actuar de maneira que non pensamos nas consecuencias, non só para nós senon para aqueles que non teñen nada que ver con nós e que lles podemos truncar a vida.

¿Que pasaría se un piloto de avión deixase ao seu fillo levar o aparato sen licencia?¿Eun conductor de autobús?... Non son casos diferentes, en todos morrerían victimas inocentes, sen nada que ver, por culpa dunha única irresponsabilidade,só nun intre  pero de consecuencias desastrosas. Por outro lado, non só sufren os que morren, senon tamen os que quedan, quizais os que mais.Estes si se lles vai a vida día a día en ausencia dos seus seres queridos que sí  eran responsables.

A responsabilidade cando só ten consecuencias para o propio individuo, podemos decir que ten alternativa pero cando hai en xogo outras vidas é necesario preocuparse porque non hay dereito a arrebatar vidas inocentes por culpa dunha falta de respeto.

21/04/2006 09:59 Autor: residentgirl. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

07/04/2006

RELIXIÓN-ABORTO-LIBERTADE-RESPETO

20060407095538-imageslivertade.jpg

Dende agora mesmo me declaro anti-relixiosa; non só referindome á católica senon a calquera tipo. Non son  capaz de concevir que un grupo de persoas che diten o teu modo de vida nin de onde sacan o dereito de prohibir ou ordenar nada. Ninguén posúe o dereito de facelo xa que somos libres, non temos porqué finxir ser algo que non somos ou participar del algo do que non cremos. ¿Entonces non vivimos unha falsa vida?

Abertamente e sen medo; declaro que non creo e ningunha outra cousa que non sexa eu mesma, solo eu teño dereito sobre min, sobre a miña vida e sobre o meu actuar. 

Se por algun motivo eu non me  atopase feliz nesta vida, ou non lle atopase sentido, por qué non me podería sacar a vida se  quixese?Acaso non son eu a única  súa  única dona?

Por qué se teño un embarazo non desexado teño que traer ao mundo unha criatura que NON QUERO? Nacería unha ciratura infeliz porque case seguro que non posuiría o amor dunha nai que é  tan importante  para formarse como persoa.

Hoxe día. dou grazas por nacer no mundo no que o fixen porque podo elexir,  por aora, todo canto quero e desexo e algo teño seguro; é que non sería capaz de vivir en outro liugar no que tivese calquera tipo de reclusión sobre os meus desexos. Entonces morrería.

Por outro lado, respeto todo tipo de crenza ou pensar, acción ou actuación de todo o mundo porque son tolerante e teñen o mesmo dereito ca min de vivir eles a súa propia vida e non que outros a vivan por eles. 

07/04/2006 09:55 Autor: residentgirl. Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

05/04/2006

¿QUE FAGO NO MEU TEMPO LIBRE?

20060405090608-images.jpg

Sinceramente, eu dende fai un tempo non suelo ter moito tempo libre porque case todo o tempo o paso ou estudando ou estudando.

Gustaríame poder facer de todo un pouco e ter tempo pa aburrirme. Como este ano temos que facer o selectivo andamos moi apurados coas clases e non temos tempo nin pa divertirnos. Eu, o único que boto de menos é botar  esas sestas de verán que duran por non decir toda, moitas horas da tarde e incluso ata a noite. Encántame durmir porque me relaxa, porque me sinto ben cando me levanto despois de tantas horas...case nunca soño pero son outra despois de disfrutar de este plancenteiro privilexio. Gustaríame  ter sempre aínda que sexan poucos, algún dia para poder facelo.

05/04/2006 09:06 Autor: residentgirl. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

04/04/2006

A GUERRA COMA SOLUCIONS DE CONFLICTOS

20060404110858-images.jpg

Guerra: demostración de potencial armamentístico dos países basicamente mais desenrolados para poder atacar ou gobernar outros.

De todos estes conflictos que eu teño constancia sempre se puxo coma excusa unha mellora sobre algunha das partes. Por outro lado, o que si está bastante claro é que unha gerra sempre se realiza por motivos económicos para potenciar o poderío do mais poderoso e garantizar a sumisión do que menos pode. Que non nos engañen cando se di que se ataca algun lugar, estado para a súa liberacíon cando aínda se esclavizan moito máis.

Hoxe en día vivimos unha gran conflictividade entre países pero que se intenta manter olvidada pola pouca referencia disto nos medios de comunicación. Referimonos a uns medios controlados por o goberno, un goberno interesado neste tipo de conflictos sobre todo económicamente.

Unha gerra sexa onde sexa, hoxe ou fai mil anos sempre trai consigo consecuencias fatales; miles de mortes, fame, enfermidades, fracaso, desesperación.....

Eu son partidaria do fin destes conflictos porque me parecen un recurso bruto de imposición que ainda que vivamos na era da democracia segue sendo algo  totalmente atrasado e que nunca se devería de producir baixo ningún concepto nin excusa.

04/04/2006 11:08 Autor: residentgirl. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

31/03/2006

FUTURO INMEDIATO-dentro de 25 anos-

20060331100322-imagesdineiro.jpg

Dentro de 25 anos aproximadamente, espero que me toque a lotería ou ben que un multimillorario se enamore de min e me cumpla todolos  desexos. O meu soño e vivir sen traballar, non vivir de rentas; senon vivir pola cara, é dicir, vivir do meu marido.

Por suposto, espero non ter que preocuparme do diñeiro ata que morra. Un día normal para min sería levantarme ás once e media do mediodia e que un criado/a ,non fago distinción de xénero, me traia a roupa xunto co almorzo á cama para repoñer enerxías para un día moi laborioso recorrendo as tendas de luxo na gran cidade na que vivirei; Benidorm. 

Terei un chofer especializado en levarme todalas compras para que eu non sufra ningún tipo de percance.

Por outro lado, o bendito home que me aguante xa terá que estar entrado en anos, xa que a súa fortuna será inmensa non m verá moito xa que estará traballando día e noite. Mentras tanto, eu; unha xoven culta e multimillonaria por dereito vivirei de festa en festa e da casa á disfrutar de todolos cartos que ao meu querido home lle costa tanto ganar.

Espero non ter carencias de nada e gastar ser límite tanto coma se me antoxe e cando me antoxe co consentimento do meu home, por suposto.

Un desexo que lle pedirei por seguro será que me compre unha mansión tan grande coma tres campos de fútbol e un deportivo vermello e de viaxe de lua de mel gustaríame recorrer o mundo e o universo, non será por falta de cartos.

Espero que non moi tarde se me cumpla o meu soño tan anhelado...jeje

31/03/2006 10:03 Autor: residentgirl. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

24/03/2006

O SUSPENSO NO ENSINO

20060324110013-imagesensino.jpg

O suspenso no ensino estaselle outorgando soamente aos alumnos porque din que cada vez son menos irrespetuosos cos profesores. Pode que sexa así pero non toda a culpa é deles, ou nosa. Ho xe en día coa ensinanza secundaria obligatoria moitos mozos/as van as clases por obligación non por interés propio. Normalmente, á clase vaise para aprender aquelo que nos vai servir no futuro pero todo depende de se nos queremos ou non. Por outro lado, que non queiramos;error fatal, no podemos ser irrespetuosos con aquelas persoas que intentan facer algo bo de nós e mellorar o noso futuro. Cando isto pasa, non soon os profesores os que teñen que castigar ou impor o respeto porque o respeto xa ten que vir dende casa, dende sempre. Os nosos pais son os que teñen que ensinarnos primeiro a respetar ó próximo. Tampouco quero botarlles a culpa de tódolos fracasos á educación previa ou materna pero ten moita importancia.En xeral  todo conflúe, pero é necesario ter unha boa base para poderse sustentar. 

24/03/2006 11:00 Autor: residentgirl. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

21/03/2006

LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX

20060321111753-images.jpg

Esta materia optativa do meu instituto está moi ben xa que a parte de non facer exámenes tamen nos sirve de reforzo para a asignatura de lingua galega.Nela coñecemos a literatura de todalas épocas de Galiza,os seus autores e incluso coñecer algunhas obras boas que fan referencia a cousas sucedidas na nosa comunidade fai tempo,ou non tanto tempo.Cos traballos que realizamos para obter unha mellor nota, coñecemos non só as obras senón tamén os seus respectivos autores xunto coa sua vida e a situación na que se encontraban.

21/03/2006 11:17 Autor: residentgirl. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

Bienvenido

Ya tienes weblog.

Para empezar a publicar artículos y administrar tu nueva bitácora:

  1. busca el enlace Administrar en esta misma página.
  2. Deberás introducir tu clave para poder acceder.


Una vez dentro podrás:

  • editar los artículos y comentarios (menú Artículos);
  • publicar un nuevo texto (Escribir nuevo);
  • modificar la apariencia y configurar tu bitácora (Opciones);
  • volver a esta página y ver el blog tal y como lo verían tus visitantes (Salir al blog).


Puedes eliminar este artículo (en Artículos > eliminar). ¡Que lo disfrutes!

21/03/2006 10:47 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]